Eventos. Obradoiro “Cimentando Igualdade”.

 

A comunidade educativa constitúe un poderoso escenario no que traballar a transmisión e adquisición de valores, actitudes e comportamentos baseados no respecto e na igualdade de trato e de oportunidades para todas e todos.

Neste obradoiro, dirixido a alumnado de 3º de Educación Primaria, as crianzas serán as protagonistas: construíndo historias, compartindo experiencias, debatindo, manipulando coas mans e xogando.

Obxectivo:

  • Aprendizaxe de novos modos de relación baseados na igualdade e no respecto.
  • Achegar historias de mulleres referentes no ámbito da ciencia dende unha perspectiva igualitaria e de interculturalidade.
  • Impedir o desenvolvemento da construción de modelos de masculinidade tradicionais e hexemónicos, iniciando a construción de modelos alternativos centrados nos coidados.

DATAS: 28 de Febreiro, 2 e 7 de Marzo.

LUGAR: CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña)