Eventos. Sementes de Igualdade

Sementes de Igualdade

 

A comunidade educativa é un dos contextos socializadores por excelencia. Alén de adquirir coñecementos, desenvolvemonos como persoas e como parte dun colectivo, converténdose nun poderoso escenario no que traballar a transmisión e adquisición de valores, actitudes e comportamentos baseados no respecto e na igualdade de trato e de oportunidades para todas e todos.

Sementes de Igualdade é un conxunto de obradoiros en colaboración ca Concellería de Cultura, Benestar e Igualdade do Concello de Tomiño e están dirixidos a alumnado de Educación Infantil dos centros educativos CEIP Barrantes, CEIP Sobrada, CEIP Plurilingüe de Tebra, CEIP Pintor Antonio Fernández e CRA Mestre Manuel Garcés.

Cada obradoiro constará de dúas sesións. Na primeira sesión haberá unha actividade de conta-contos da fábula "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e na segunda sesión, como continuación dos contidos da sesión anterior, unha actividade de robótica pedagóxica.

DATAS: Do 7 de Marzo ao 10 de Abril.

LUGAR: CEIP Barrantes, CEIP Sobrada, CEIP Plurilingüe de Tebra, CEIP Pintor Antonio Fernández e CRA Mestre Manuel Garcés.

Podes seguir o día a día dos obradoiros no evento do nos Facebook.