Eventos. Cos xoguetes non se xoga.

Cos xoguetes non se xoga.

O primeiro acto creativo do ser humano é xogar, e xogar significa indagar, coñecer, descubrir todo o necesario para facerse adulto.

Se xogamos cas nosas crianzas teremos nenos/as seguros/as e cunha autoestima axeitada. A/o nena/o que xoga é feliz e, cando unha/un nena/o é feliz con toda seguridade aprenderá antes.

A charla enmárcase dentro do programa socio-educativo "Medrando en Familia" do Concello de Tomiño, co obxectivo de fomentar nas familias a importancia do xogo cas/os súas/seus fillas/os para un mellor desenvolvemento da súa personalidade.

Os contidos que se abordarán serán os seguintes:

• Que é o xogo? Características.

• Como evoluciona o xogo mentras crecen as/os fillas/os?

• A importancia do xogo nas crianzas. Beneficios.

• O xogo como xenerador de valores.

• O xogo como sanador.

• Que é o vínculo e cómo fortalecelo co xogo. A importancia de xogar cas/os nosas/os fillas/os.

• O xogo dentro do mundo tecnolóxico e o papel que ten o/a educador/a.

• Recomendacións e links de interese.

DURACIÓN: hora e media. 

DATA E HORARIO: 26 de Novembro as 18:00

LUGAR: Casa da Cultura. Barrio A Rocha, 11 - 36770 - Tomiño (Pontevedra)